Logo Teatro del Andamio

A escola

No Teatro del Andamio temos como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumno a través do xogo, a improvisación teatral e o cambio de roles.

Co teatro como soporte aprenderemos a recoñecernos a nós mesmos, a asumir responsabilidades, a respectar ao outro por moi distinto que sexa, a confiar en nós, no outro e no equipo.

Cursos regulares

A nosa forma de traballo consiste en que partindo do xogo e das historias simples, o alumnado aprende a expresarse, a relacionarse entre sí e a construír situacións vitais que despois experimentarán tanto no escenario como na vida real.

Facemos dúas representacións para familiares e amigos ao finalizar o curso. Nelas o noso alumnado afrontará un reto moi importante: pasar do xogo ó ensaio, e finalmente á representación.




Grupo NENOS

De 8 a 11 anos

GRUPO DE NENOS DE 8 A 11 ANOS:

Cos nenos maiores o traballo empeza con improvisacións nas cales se estimula a fantasía, a creatividade, a comunicación e a expresión corporal. Traballamos con dous obxectivos claros: o desenvolvemento da individualidade e, ao mesmo tempo, a integración nun grupo de traballo.

Durante o curso preparamos unha montaxe que os nenos representan como mínimo dúas veces para pais, familiares e compañeiros de colexio.

Para as representacións organízanse equipos de traballo, onde os nenos preparan o atrezo, maquillaxe, os decorados, parte dos traxes, os programas e as invitacións.

Horario das Clases:

Grupo 1: Venres de 18:00 h. a 19:30 h.

Grupo 2*: Sábados de 10:30 h. a 12:00 h. *Nenos entre 5 e 8 anos.

Grupo 3: Sábados de 12:30 h. a 14:00 h.

Grupo 4: Sábados de 17:00 h. a 18:30 h.

As clases se imparten dende Outubro a Xuño por Gema Ulloa e Fran Giraldo.

Todos os grupos están coordinados por Tatiana Likhacheva.

Grupo adolescentes

De 12 a 17

GRUPO DE ADOLESCENTES DE 12 A 17 ANOS:

O grupo de adolescentes de Teatro del Andamio está formado por mozos e mozas de 12 a 17 anos.

En xeral os mozos de hoxe carecen de grupos onde poidan sentirse incluídos, e ao mesmo tempo, que os conviden á "acción". Esta é unha problemática que se repite en toda esta etapa adolescente. A iniciación no teatro consiste en improvisar situacións, que neste curso son moito máis complexas, e que lles esixen: creatividade, espontaneidade, capacidade de adaptación, toma de decisións, poñerse en lugar do outro, analizar o por qué da conduta dun e dos outros, etc.

Aos adolescentes este traballo resúltalles atraínte porque os temas e as situacións que representan no escenario teñen que ver coa súa vida cotiá. Síntense identificados cos personaxes que representan, xa que falan sobre os mesmos problemas que eles teñen na vida cotiá.

Facemos unha montaxe durante o ano, que dende o primeiro momento exponse como traballo en equipo, onde cada un cumpre cunha función: produción, desenvolvemento artístico, escenografía, vestiario, atrezo, son, luces, publicidade (carteis, programa de man), etc. Entre todos desenvolven este proxecto.

Horario das Clases:

Grupo 1: Luns de 18:30 h. a 20:30 h.

Grupo 2: Martes de 18:30 h. a 20:30 h.

Grupo 3: Mércores de 18:30 h. a 20:30 h.

Grupo 4: Xóves de 18:00 h. a 20:00 h.

As clases se impaten dende Setembro a Maio por Fran Giraldo e Gema Ulloa.

Todos os grupos están coordinados por Tatiana Likhacheva.

Grupo xovenes

De 18 a 25

GRUPO DE XÓVENES DE 18 A 25 ANOS:

Horario das Clases:

Grupo 1: Venres de 20:00 h. a 22:00 h.

As clases se impaten dende Setembro a Maio por Fran Giraldo e Gema Ulloa.

Todos os grupos están coordinados por Tatiana Likhacheva.

Grupo Adultos

A partir de 25 anos

GRUPO ADULTOS:

O noso grupo de teatro para adultos é un "punto de encontro" e, ó mesmo tempo, un "volta ó comezo".

Para a maioría dos integrantes é un lugar máxico que lles dá a posibilidade de atoparse con xente afín, cos que comparten intereses e inquietudes e unha mesma paixón: o teatro.

O grupo permítelles probar, redescubrir as súas posibilidades e expresar dende o escenario a súa sabedoría e vitalidade gañada cos anos.

As clases combinan improvisacións, escenas, exercicios de expresión corporal, de respiración, charlas sobre teatro, saídas a espectáculos, entre outras actividades grupales.

Durante o curso os alumnos montarán diversos espectáculos, construíndo personaxes que mostrarán ó público na Sala de Teatro del Andamio.

Horario das Clases:

Grupo 1: Luns e mércores de 21:00 a 22:30 h.

Grupo 2: Martes e Xóves de 21:00 a 22:30 h.

Grupo 3: Sábados de 19:30 a 21:30 h.

As clases se impaten dende Outubro a Xuño por Tatiana Likhacheva.

Nosos alumnos falan

COLABORADORES:

Colaboradores
Colaboradores